Así soou este sábado o noso himno.
07/05/2018
12/04/2017
Cita histórica en Balaidos - Ida dos cuartos da UEL contra o Genk
Dendo o club fannos chegar o seguinte aviso, solicitando a colaboración de todos para que mañá se viva unha xornada inesquecible.
O Club porá en cada asento un "aplaudidor" de cartón pregado cunha goma.
Por unha banda será de cor celeste co escudo do RC Celta e pola outra terá unha imaxe dos xogadores.
- Mentres soa o himno do RC Celta poderás amosar a túa bufanda.
- Cando remate o himno colle o teu aplaudidor e exténdeo.
- Cando saian os xogadores e soe o himno da UEFA, amosa a parte celeste cara o campo. Tinguiremos de celeste toda a bancada de Balaídos!
- Unha vez remate o himno da UEFA, prega o aplaudidor e anima con él!
Ademáis, a grada de Marcador recibirá os xogadores despregando un gran tifo co escudo do RC Celta sobre a bandeira galega, ca lenda "Afouteza, corazón, orgullo, tradición".
Finalmente, recordar que dende algunhas peñas fíxose un chamamento os afeccionados para facerlle un recibimento os xogadores cando cheguen o campo. A cita é as 19:15 na explanada de Tribuna.
Mañá temos que estar todos ahí, alentando os nosos xogadores. Fagamos historia!!!
HALA CELTA
04/02/2017
Suspendido o encontro Celta vs R.Madrid
A LFP ven de facer oficial a suspensión ata nova fecha do encontro que ia enfrotar ó R.C.Celta co R.Madrid mañá domingo ás 20:45.
Tras unha tarde de tolos, con declaracións de todo tipo dende Madrid e Vitoria, onde o Celta xogará o vindeiro mércores a volta da semifinal de copa, parece que imperou a cordura e a LPF fixo oficial o anuncio da suspensión as 21:12.
O Alavés tentou pescar en rio revolto e pediu o aprazamento do partido do mércores, sen darse conta que o Celta ten un plantel suficientemente amplio como para presentar dous equipos distintos e chegar descansado a cita historica da copa.
Agora toca esperar nova fecha para o partido desta xornada de Liga.
