Mostrando entradas con la etiqueta europa league. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta europa league. Mostrar todas las entradas

12/04/2017

Cita histórica en Balaidos - Ida dos cuartos da UEL contra o Genk

Dendo o club fannos chegar o seguinte aviso, solicitando a colaboración de todos para que mañá se viva unha xornada inesquecible.

O Club porá en cada asento un "aplaudidor" de cartón pregado cunha goma.

Por unha banda será de cor celeste co escudo do RC Celta e pola outra terá unha imaxe dos xogadores.

  1. Mentres soa o himno do RC Celta poderás amosar a túa bufanda.
  2. Cando remate o himno colle o teu aplaudidor e exténdeo.
  3. Cando saian os xogadores e soe o himno da UEFA, amosa a parte celeste cara o campo. Tinguiremos de celeste toda a bancada de Balaídos!
  4. Unha vez remate o himno da UEFA, prega o aplaudidor e anima con él!

Ademáis, a grada de Marcador recibirá os xogadores despregando un gran tifo co escudo do RC Celta sobre a bandeira galega, ca lenda "Afouteza, corazón, orgullo, tradición".

Finalmente, recordar que dende algunhas peñas fíxose un chamamento os afeccionados para facerlle un recibimento os xogadores cando cheguen o campo. A cita é as 19:15 na explanada de Tribuna.

Mañá temos que estar todos ahí, alentando os nosos xogadores. Fagamos historia!!!

HALA CELTA

21/09/2016

Viaxe a Amsterdam coa FdP

A Federación de Peñas organiza unha viaxe a Amsterdam para velo partido da 4ª Xornada da Europa League que enfrontará o noso Celta con Ajax, o vindeiro día 3 de Novembro ás 21:05 no Amsterdam Arena.

A continuación tedes a información relativa a esta viaxe.