Era o verán de 1999. Reyes Álvarez disfrutaba duns días de vacacións na praia, cando tomou a decisión de fundar unha peña celtista na cidade onde residía, A Coruña. Sabía que non sería unha tarefa doada. De feito se encontrou con varias trabas. O primeiro problema foi encontrar ás oito persoas necesarias en territorio do eterno rival. Algúns foron compañeiros de traballo. Outros se sumaron por auténtica casualidade. Como o actual vicepresidente, Sebas Villalba, que coñeceu a Reyes vendo nun bar o partido que enfrentou o Celta co Real Madrid en Balaídos (partido que por certo gañou o Celta cun gol de Albert Celades). Ese gol foi clave na fundación da peña, xa que na celebración do mesmo foi cando se descubriron as cores de cada un. Entre ambos coseguiron traer a máis xente, pois á xente que coñecía Reyes se sumaron os que coñecía Sebas, que por aquel entonces estudiaba na Universidade da Coruña, onde era doado encontrar celtistas de toda Galicia.
E así foi como un par de semanas despois, nunha cafetería da coruñesa Ronda de Outeiro, xuntáronse os que serían os oito fundadores da peña:
- Reyes Álvarez
- Javier Costa
- Juan Domínguez
- Puri Louzán
- Sebas Villalba
- Sergio Vilas
- Jesús Viñas
- Darío Otero
O primeiro era decidilo nome da peña e diseñalo escudo. Javier Costa tiña claro que no escudo tiña que aparecer toda Galicia, mentres Reyes añadía que tiña que ser de cor celeste, porque "aínda que non toda a comunidade é celtista, hai celtistas en toda Galicia". Sebas Villalba propuxo que o escudo do Celta entrara pola Coruña e saíra por Vigo, como símbolo de unión entre as dúas cidades que representaban a peña: a da sua sede e a do seu corazón. Unha vez determinado o escudo, o nome foi sinxelo: "Galicia de cor celeste, pois Terra Celeste".
Unha vez decididos o nome e o escudo, firmouse a acta fundacional, que xunto os estatutos, foi presentada na Delegación Territorial da Xunta de Galicia. O 10 de Xaneiro do 2000, saíu a resolución definitiva que certificaba o nacemento da Peña Celtista Terra Celeste.
Por aquel entonces, o número de celtistas adscritos á asociación era bastante máis amplio, facéndose necesario atopar unha sede onde poder xuntarse a velos partidos. Ese foi outro cabalo de batalla importante, xa que non resulta sinxelo atopar na cidade do teu eterno rival a alguén disposto a asumilo reto. Pero un día, Reyes comentoullo a Suso Seijas, dono do Mesón Sobrado, que respostou: "Son deportivista, moi deportivista, pero tamén galego... Reyes, xa tedes sede". Por fin, o soño de Reyes víase cumprido.
Pasados uns cantos anos, e a pesares de pasar por épocas de menor actividade, a peña sigue totalmente viva e activa, e con ganas de seguir facendo cousas. Nestes anos, moitos dos socios retornaron a Vigo, polo que a peña ten moitos socios en ambalas dúas cidades. En tódolos partidos do Celta en Balaídos é doado ver un importante número de socios facendo as previas ós partidos en La Kabaña, na rúa Manuel de Castro.
E tamén son moitas as viaxes que fai a peña para apoiar o noso querido clube.
Así mesmo, aproveitando os horarios actuais dos partidos, son numerosas as comidas que se fan antes ou despois dos partidos, nas que se vive un gran ambiente celtista.