04/02/2017

Suspendido o encontro Celta vs R.Madrid

A LFP ven de facer oficial a suspensión ata nova fecha do encontro que ia enfrotar ó R.C.Celta co R.Madrid mañá domingo ás 20:45.

Tras unha tarde de tolos, con declaracións de todo tipo dende Madrid e Vitoria, onde o Celta xogará o vindeiro mércores a volta da semifinal de copa, parece que imperou a cordura e a LPF fixo oficial o anuncio da suspensión as 21:12.

O Alavés tentou pescar en rio revolto e pediu o aprazamento do partido do mércores, sen darse conta que o Celta ten un plantel suficientemente amplio como para presentar dous equipos distintos e chegar descansado a cita historica da copa.

Agora toca esperar nova fecha para o partido desta xornada de Liga.