14/04/2018

XVIII - Aniversario

O vindeiro Martes 1 de Maio, celebraremos a tradicional comida de aniversario da peña. Este ano, é un tanto especial, pois o pasado 11 de Decembro fixémonos "maiores de idade". Xa pasaron 18 anos dende aquel día no que un pequeno grupo de tolos polo Celta esqueceron pon un momento que vivían na cidade do eterno rival e se reuniron nunha de tantas cafeterías da Ronda de Outeiro para comezar un proxecto que ben seguro, ningún pensaba que chegaría tan lonxe. O igual que o noso querido Clube, a Peña pasou por distintos momentos nestes 18 anos de andadura, se ben hoxe en día somos un grupo do máis numeroso, plural e diverso, en definitiva, unha enorme familia celtista.

Este ano, o acto terá lugar a partires das 14:00 no Hotel Coia de Vigo.

Menú Adulto:


  • Aperitivo Variado
    • Empanada de Zamburiñas
    • Xamón con queixo manchego
    • Canapés artesáns
    • Calamares á romana
    • Polvo á feira
  • Prato Principal (a escoller 1)
    • Cordero Lechal o forno con guarnición de legumes e champiñóns.
    • Rodaballo á prancha con patacas ó vapor
  • Postre
    • Tarta de fresas con nata
  • Bebidas, café e licores.

Menú Infantil:


  • Aperitivo Variado
    • Taquitos de tortilla
    • Croquetas da avóa
    • Surtido de xamón e embutidos
  • Prato Principal
    • Peituga de polo a prancha con patacas.
  • Postre
    • Xelado de vainilla e chocolate
  • Bebidas

Lembrade que tedes ata o Xoves 19 de Abril para facelas reservas, mandando un whastapp privado á presidenta da peña. Os adultos tedes que especificar a elección do prato principal.

Non esperes ó ultimo día para facela túa reserva. Desexamos que todos acudades á cita. É un día moi especial para esta familia e queremos compartilo contigo.