22/12/2024
11/12/2024
25 anos...
Hai hoxe 25 anos, naceu a primeira peña celtista na cidade herculina. Grazas a todos os que levades connosco dende o primeiro día e aos que vos fostes unindo co paso do tempo.
Unha lembranza especial para os que xa non están connosco.
Por outros 25 anos máis de celtismo.
23/12/2023
31/12/2022
Feliz Aninovo, celtistas!
2023 non é un ano máis. É un ano para vivilo con intensidade e gozalo ao máximo.
22/12/2022
23/12/2021
21/02/2021
Cambios na Web
Como algún haberá notado, vimos de facer algúns cambios no diseño da Web. Estamos a procurar darlle máis brio a esta canle de comunicación.
O primeiro que vimos de actualizar é a sección Galería de fotos, onde incluiremos as fotos cos recordos de estes xa máis de 20 anos
Tamén inauguramos a nosa canle de Youtube, onde teredes accesibles vídeos. Facédevos suscriptores para recibilos avisos coas novas publicacións.
Agardamos as vosas propostas de mellora, as cales intentaremos acometer nas nosas posibilidades.
24/12/2020
27/10/2020
Campaña solidaria
Estamos a vivir tempos difíciles marcados por unha pandemia mundial. Esta situación fai que moita xente esté pasando por dificultades económicas. Por iso, dende esta peña, xurdiu a idea de tentar aportar un pequeniño gran de area. Dende a directiva propuxemos a campaña "Mascarillas Solidarias", a cal tivo unha enorme acollida entre os nosos socios. A idea consistiu en vender unhas mascarillas financiadas pola peña, e doar todolos cartos recadados a algunha ONG que tivese como obxectivo a axuda ós necesitados. E por fin chegou o momento de anunciar que esa pequena axuda xa está nas mans da "Asociación Freijeiro Ayuda al Necesitado (AFAN Vigo)".
Deixámosvos o enlace á súa web por si algún está interesado por coñecer a Asociación e as suas actividades: Asociación Freijeiro de Ayuda al necesitado
22/12/2019
11/12/2019
20 anos non é nada...
Pasaron xa 20 anos, como no famoso tango de Carlos Gardel, dende aquel lonxano xa 11 de Decembro de 1999, no que un reducido grupo de celtistas plasmaban a súa firma nos papeis que oficializaban á primeira Peña Celtista da cidade da Coruña. A primeira peña en territorio do eterno rival deportivo. A primeira pedra dun soño que hoxe, 20 anos despóis, sigue vivo e renovado. Moitas vivenzas, moitas anécdotas, moitos sentimentos nestes 20 anos. Brindemos por outros 20 anos máis!!!
25/07/2019
Visita guiada ó Mosteiro de Oia
Dentro das actividades programadas con motivo do XX Aniversario da Peña, estamos a organizar unha visita guiada ó Mosteiro de Oia para o vindeiro Domingo, 8 de Setembro. A actividade terá lugar ás 11:30 e durará aproximadamente 1h30'.
A visita percorrerá a Praza de Armas, o Claustro das Procesións, o Patio das Laranxeiras, a Horta Monacal e o Xardín Ilustrado.
Mergullarémonos na historia do lugar, máis aló dos últimos 4000 anos, dende antes de ser mosteiro, pasando polo seu uso polos monxes, como vivenda privada ou coma cárcere nos anos da Guerra Civil.
Para os máis pequenos, organizarase unha "Búsqueda do Tesouro", de modo que poidan aprender e disfrutar do lugar mentres se entreteñen.
O prezo da visita é de 2.50€. Os nenos menores de 7 anos entrarán de balde.
Compre reservar antes do 17 de Agosto.
23/07/2019
Nova tempada
Estamos a piques de comezar unha nova tempada, que chega cargada de ilusións para todos os celtistas, xa que despois das penurias vividas o ano pasado, a directiva do clube optou por unha Operación Retorno na que se viron incluidas algunhas das grandes estrelas que emigraran no pasado por diversos motivos. O clube está agora plagado de canteiráns que sen dúbida darán un extra de esforzo á hora de defender a nosa camiseta.
Pero se a tempada se mostra especial para todo o celtismo, se cadra aínda o é máis para os centos de celtistas que formamos esta gran familia, xa que este ano cumprimos 20 anos de existencia. A piques están de cumplirse os 20 anos dende que a tolería duns cantos "emigrantes" acabou na formación deste gran colectivo. E para celebralo, tentaremos que o ano esté cargado de novidades e sorpresas. Estade atentos nos vindeiros días as nosas canles de comunicación habituáis, xa que pouco a pouco iremos descubrindo o pastel.
XIX Aniversario
O pasado 17 de Maio, un pouco máis tarde do habitual, celebrámolo noso XIX Aniversario. Coma sempre, foi unha xornada onde toda a familia celeste disfrutou. Proba disto, son algunhas das fotos que rescatamos desa sinalada data.
XXII – Torneo de Fútbol de Peñas Celtistas – Fase Final
O pasado 1 de Maio, ós nosos participaron na fase final do XXII Torneo de Fútbol de Peñas Celtistas, tras acadar no mes de Outubro a clasificación de maneira extraordinaria para participar nesta última rolda.
De pé de esq. a der.: Javi Penas, Araujo, Bruno, Zeke, Mera, Solla, Miguel Ángel, Carrascal, Sebas.
Abaixo de esq. a der.: Fran Davila, Durán, Borja, Juan Carlos, Claudio e Juan
Unha victoria por 4 a 2 contra a P.C. Caldeirada Sideral, e unha derrota polo mesmo resultado contra a P.C. Centolos Celestes, deixaron os nosos ás portas das semifinais. Un torneo impecable, no que o máis importante foi o ambiente de camaradería que se viviu.
O vindeiro ano, prometemos volver a loitar.