Por segundo ano consecutivo, imos participar no xa tradicional Torneo de Fútbol de Peñas Celtistas, na súa 21ª Edición.
A Fase de Clasificación terá lugar o vindeiro xoves 12 de outubro pola mañá. O noso equipo, quedou encadrado no Grupo E, xunto cos equipos:
Os partidos terán unha duración de 40 minutos, dividos en dous tempos de 20 minutos cun descanso de 5 minutos. Clasifícanse para xogar a fase final o primeiro e segundo clasificado de cada grupo máis os dous mellores terceiros, o que farán un total de 12 equipos. Nestes partidos, vense preseleccionar xogadores para disputar o amigable do XXV Aniversario da Federación de Peñas Celtistas, que se celebrará no mes de agosto de 2018.
Os encontros disputaránse no campo de Sárdoma, cos seguintes horarios:
Grupo E | Sárdoma | |
9:30 | P.C. OS ZOQUEIROS | P.C. DE ARBO |
10:15 | P.C. TERRA CELESTE | P.C. PREFERENCIA CELESTE |
11:00 | P.C. DE ARBO | P.C. TERRA CELESTE |
11:45 | P.C. OS ZOQUEIROS | P.C. PREFERENCIA CELESTE |
12:30 | P.C. DE ARBO | P.C. PREFERENCIA CELESTE |
13:15 | P.C. OS ZOQUEIROS | P.C. TERRA CELESTE |
No seguinte enlace tedes toda a información do torneo: XXI Torneo - Fase Clasificación
OS XOGADORES DO EQUIPO DE TERRA CELESTE ESTADES CONVOCADOS ÁS 09:30. PRÉGASE PUNTUALIDADE