O equipo de Peña Celtista do Ribeiro "B" causa baixa no torneo o non poder contar cun número suficiente de xogadores. Por mor deste cambio, o noso grupo pasa a estar formado soamente por 3 equipos:
Este cambio na composición do grupo, fai que soamente o campión se clasifique directamente para xogar a Fase Final do torneo, quedando os outros dous pendentes de xogar a Fase de Repesca.
Os partidos terán unha duración de 60 minutos, divididos en dous tempos de 30 minutos cada un, cun descanso de 5 minutos.
Os novos horarios son:
Grupo E | Sárdoma | |
10:00 | P.C. CELTAS DO VERDUGO | P.C. TERRA CELESTE |
11:15 | P.C. DE SALCEDA | P.C. TERRA CELESTEE |
12:30 | P.C. CELTAS DO VERDUGO | P.C. DE SALCEDA |
OS XOGADORES DO EQUIPO DE TERRA CELESTE ESTADES CONVOCADOS ÁS 09:15. PRÉGASE PUNTUALIDADE